CRTVG

Buscar

As auxiliares de Barreras propoñen cambiar a débeda por accións

Publicado o 22/11/2019 16:22

Continúan as reunións entre as partes implicadas para acadar unha solución para Barreras. Ritz Carlton reuníase á primeira hora da mañá coas empresas auxiliares en Vigo. Son a trintena de empresas afectadas pola crise do estaleiro, constituídas en sociedade e dispostas a ser parte da solución. A súa proposta, a que escoita hoxe Ritz Carlton, pasa por cambiar débeda por accións. A compañía norteamericana podería estar interesada en entrar no estaleiro con esta sociedade cunha ampliación de capital co fin de acabar o barco. As reunións continúan arestora en Vigo.

Ana Pontón reúnese co comité de empresa do estaleiro

Precisamente, a voceira nacional do BNG mantivo unha reunión co comité de empresa de Barreras.  Ana Pontón esixiu que se busque unha solución para o estaleiro, clave, segundo dixo, na industria naval galega. Desde o comité de empresa critican a loita de poder entre os accionistas e urxen a volta á actividade.

Conde cre que a auditoría marcará o futuro de Barreras

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, subliñou que a Xunta de Galicia está a buscar solucións ao problema de Barreras en colaboración con todos os axentes implicados. Entre as medidas que destacou está a liña de préstamos ás empresas auxiliares, que ascende a 36 millóns de euros. A solución definitiva, di, dependerá da auditoría que se está a realizar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019