CRTVG

Buscar

As auxiliares da automoción fan un chamamento á UE para buscar solucións á crise dos microchips

Publicado o 09/09/2021 16:23

A crise pola escaseza dos microchips afecta unha gran parte da industria auxiliar en Galicia. Na maioría das plantas están a sufrir unha caída da produción. Son máis dun cento as empresas galegas que están afectadas. A maioría delas están en Vigo e son principais provedores de Stellantis, a antiga Citroën.

Precisamente a parada dunha das liñas de produción desta factoría debido ao desabastecemento golpea fortemente toda a industria auxiliar cun impacto directo sobre os arredor de 20.000 traballadores, moitos xa en ERTE.

O aumento da demanda facía prever un final de ano positivo para o sector da automoción. O desabastecemento de semicondutores truncou as expectativas e as factorías de vehículos vense obrigadas a suspender parte da actividade. As empresas auxiliares sofren directamente as consecuencias.

Para o sector a solución pasa pola produción propia e fan un chamamento a Unión Europea

Noticias web

09/09/2021