CRTVG

Buscar

As auxiliares abandonan Barreras tras a solicitude do preconcurso

Publicado o 03/10/2019 12:57
As auxiliares abandonan Barreras tras a solicitude do preconcurso

Empresas auxiliares que traballan en Barreras están a abandonar as instalacións do estaleiro despois de que a dirección presentase no xulgado a solicitude de preconcurso de acredores, informaron a Efe fontes sindicais.

Os movementos comezaron este luns, ante a incerteza xerada polo descabezamento da dirección do estaleiro, pero a solicitude do preconcurso acelerou o desmantelamento das instalacións da avenida de Beiramar.

As fontes consultadas detallan que as empresas están a retirar ferramentas e que apenas quedan traballadores, na súa maioría os relacionados con labores de carpintería.

Co preconcurso, pendente de que o xulgado o acepte, a empresa terá un prazo de catro meses nos que tentará chegar a acordos cos acredores para evitar o concurso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí