CRTVG

Buscar

As autoridades sanitarias din que a evolución do coronavirus en España continúa en fase de contención

Publicado o 01/03/2020 18:45

As autoridades sanitarias españolas subliñan que o 90% dos contaxios detectados son importados ou relacionados cun caso importado. Din que só hai nove situacións ás que aínda non lles encontraron enlace con zonas de risco pero que a súa transmisión está contida.

Entre os casos en investigación está o dun positivo informado desde Ecuador, unha muller ecuatoriana residente en Torrejón, en Madrid, que viaxou ao seu país e está ingresada alá en estado crítico. Tamén o doutra muller de 39 anos, na UCI en Navarra tras regresar dunha viaxe a Bélxica, unha zona non catalogada de risco.

Estremadura, que deu conta de catro casos, e Castela-A Mancha, con un, sumáronse á lista de autonomías que detectaron contaxios. Nestes momentos as únicas comunidades que non informaron de ningún positivo son Galicia, A Rioxa, Murcia e Aragón e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Noticias web

01/03/2020