CRTVG

Buscar

As autoridades portuguesas detectan un oso pardo por primeira vez en case 200 anos

Publicado o 10/05/2019 17:32

As autoridades portuguesas detectaron un oso pardo no seu territorio por primeira vez en case 200 anos. Toda unha noticia acollida con sorpresa e esperanza entre a comunidade científica.

Imaxínense: Unha especie en perigo de extinción como o oso pardo visto aquí en Portugal. O último avistamento desta especie foi hai 176 anos concretamente. A feliz noticia vén dende a zona de Bragança, moi preto da fronteira con Zamora. Os técnicos do Instituto Portugués de Protección da Fauna vírono nas últimas horas no Parque de Montesinhos e tras confirmalo, atónitos, apresuráronse a contalo a través de Twitter.

O exemplar detectado sería un macho procedente da cordilleira Cantábrica. Agora tanto especialistas de Portugal como de España vixían os movementos deste oso pardo aos que os medios portugueses xa se pelexan para bautizar. Levan case 2 séculos sen ver un. En toda a península hai pouco máis de 200 exemplares.


 

Noticias web

10/05/2019