As autoridades piden que se vacine contra a gripe o maior número de persoas
Publicado o 14/10/2020 16:04
As autoridades galegas fixeron fincapé na importancia de vacinarse contra a gripe para evitar a saturación dos centros médicos galegos de cara a resistir as repuntas de covid-19.
Para dar exemplo, parlamentarios dos tres grupos políticos do parlamento recibiron a vacina da gripe. A cámara galega organizou esta xornada de sensibilización, que contou tamén coa presenza do novo conselleiro de Sanidade.
O presidente do Parlamento recordou que temos que evitar que os hospitais colapsen pola coincidencia da gripe común coa covid-19.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48