As autoridades garanten que votar o 12-X será completamente seguro
Publicado o 02/07/2020 19:43
O 12 de xullo achégase, e nos colexios extreman as medidas de seguridade. Haberá persoal regulando o acceso ao interior dos colexios para evitar aglomeracións. Entraremos por un lado e sairemos por outro, para evitar concentracións. Será obrigatorio usar máscara. Se os electores non a levan, no propio colexio daranlle unha. Tamén haberá que limpar as mans con xel hidroalcólico e seguir as marcas no chan establecidas para garantir a distancia.
Como medida xeral, recoméndase levar o voto da casa, pero, se non, as cabinas estarán tamén dispoñibles e desinfectadas. O DNI depositarase nunha caixa para evitar o contacto físico cos membros da mesa.