CRTVG

Buscar

As autoridades francesas prohiben as manifestacións nos centros das cidades

Publicado o 23/03/2019 13:32

As autoridades francesas puxeron este sábado en práctica a medida adoptada esta semana de prohibir as manifestacións nas áreas céntricas de París, Toulouse, Marsella ou Niza, para evitar novos altercados durante as protestas dos chalecos amarelos.
Os Campos Elisios de París amenceron esta mañá cun forte dispositivo de seguridade, con persoal militar e antiterrorista protexendo os edificios oficiais e os lugares máis emblemáticos da capital.
 

Noticias web

23/03/2019