CRTVG

Buscar

As autoridades de Nova Zelandia perden a esperanza de atopar con vida os desparecidos tras a erupción dun volcán

Publicado o 10/12/2019 14:03

A policía de Nova Zelandia non espera atopar con vida as oito persoas desaparecidas tras a erupción dun volcán nunha illa do nordeste do país. As autoridades confiman que morreron seis persoas e que 30 están hospitalizadas, moitas delas graves.

A última vítima mortal do volcán que entrou en erupción nunha illa de Nova Zelandia faleceu esta mañá no hospital. Outros 30 feridos seguen ingresados e 3 foron dados de alta. Todos eles e mais os 8 desaparecidos formaban parte dunha excursión turística. Segundo as autoridades do país, había 47 persoas na illa, que está desabitada pero que recibe milleiros de visitantes cada ano.

A policía non ten esperanzas de atopar con vida os 8 desaparecidos, segundo dixo nun comunicado. A illa aínda non está estable, hai perigo de novas erupcións e a busca é complicada.

Malia todo, a primeira ministra do país, que visitou a cidade desde a que se organizan os traballos, dixo que a prioridade absoluta do Goberno é seguir intentándoo.

A policía anunciou que vai abrir unha investigación que incluirá os operadores turísticos por se hai responsabilidades.

Noticias web

10/12/2019