CRTVG

Buscar

Colombia decreta o toque de queda en Bogotá logo dos disturbios e saqueos

Publicado o 23/11/2019 13:43

Ao caer a noite as autoridades decretaron o toque de queda na capital de Colombia.

A medida, que xustificaron pola nececisade de restablecer a orde pública, non impediu porén que moitos cidadáns continuaran as protestas nas rúas contra a política económica e social do goberno.

Durante o día vivíranse momentos de moita tensión, especialmente nos barrios do sur de Bogotá onde grupos de encarapuchados se enfrontaron á policía e saquearon comercios, nunha secuela dos disturbios que seguiron o xoves á protesta pacífica contra Iván Duque.

Pero os manifestantes denuncian que as forzas da orde non só cargaron contra os vándalos.

Amnistía Internacional pediulle ao goberno de Duque que garanta as manifestacións pacíficas e os dereitos humanos. Durante os dous días de protestas morreron como mínimo tres persoas.

O presidente anunciou que a semana que vén iniciará un diálogo cos sectores políticos e sociais.

En medio desta situación, un ataque con explosivos a unha comisaría no suroeste do país deixou tres policias mortos e sete feridos. A acción atribúese en principio a grupos armados que loitan polo control do tráfico de drogas nese departamento e non ás protestas contra Duque.

Noticias web

23/11/2019