CRTVG

Buscar

As autoridades confían en que pronto se deteña ao sospeitoso

Publicado o 15/05/2019 16:24

O delegado do Goberno en Galicia confía en que o suposto agresor poida ser detido nas próximas horas.

Segundo as testemuñas, Javier Miñones fuxiu nun coche do lugar do suceso pero aínda non foi localizado.

"Ao cabo dunhas horas aínda non foi localizado, pero as forzas e corpos de seguridade están no labor de buscalo. Coñécese quen é a persoa, e, máis cedo que tarde, será detido", asegurou Losada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019