CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

As autoridades arxentinas non descartan que haxa máis mortos no concerto de Solari

Publicado o 14/03/2017 21:33


Unha vintena de persoas continúan desaparecidas na Arxentina despois do concerto do cantante arxentino Indio Solari, onde unha avalancha deixou dous falecidos e decenas de feridos. Pero as autoridades non descartan que haxa máis mortos.

Tres días despois da avalancha que deixou 2 mortos e decenas de feridos nun concerto que o cantante arxentino Indio Solari ofreceu na localidade de Olavarría, a uns 350 kilómetros de Bos Aires, non se descartan novos falecidos.

Uns 500 efectivos policiais continúan na busca dunha vintena de persoas que están desaparecidas dende o sábado.

O ministro de Seguridade da provincia de Bos Aires, Carlos Ritondo, pediu ós familiares que radiquen a denuncia na comisaría para activar o protocolo de busca, xa que polo momento, só dúas familias o fixeron.

As primeiras investicacións apuntan a un notorio exceso de aforo no recinto e que a situación se desbordou polo lanzamento de bombas de estrondo e pirotecnia.

Unha situación que para moitos volve espertar a pantasma de sucesos como o ocorrido na sala de festas Cromagnon ou da Time Wrap, onde novamente un erro fixo que unha noite de festa na Arxentina rematase en traxedia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/03/2017