CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As autoridades arxentinas manteñen retido o buque de Marín apresado na Patagonia por pesca ilegal

Publicado o 20/02/2018 15:10

As autoridades arxentinas manteñen retido o buque de Marín apresado na Patagonia por pesca ilegal.

O buque galego Playa Pesmar Uno atopouse coa burocracia arxentina e máis de dúas semanas despois de ser apresado polos gardacostas mentres pescaba media milla dentro da zona económica exclusiva do país suramericano, continúa retido no porto de Comodoro Rivadavia, na Patagonia.
Están á espera de que as autoridades locais fixen a contía da multa, e aínda que xa se confirmou que o erro se debeu a un fallo nun dos GPS, a sanción podería oscilar entre os 250 e os 400.000 euros.
Cada día de retención supón, en plena temporada alta de captura da pota en augas do Atlántico sur, unha importante perda económica para a armadora marinense.

De feito, os 34 tripulantes da embarcación, na súa maioría galegos, continúan na zona á espera de que se resolva a situación.

Por outra banda, o Goberno español, a través da súa Secretaría xeral de Pesca, xa anunciou que tamén imporá unha sanción á armadora galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí