As autonomías gobernadas polo PP rexeitan a reforma educativa
Publicado o 09/01/2019 19:16
As comunidades gobernadas polo Partido Popular pídenlle ao Goberno a retirada do anteproxecto da nova lei de educación. Fixérono na conferencia sectorial. O Goberno segue adiante cos seus plans, pretende levar a súa proposta para a aprobación nun Consello de Ministros a comezos de febreiro. O ministerio considera que hai suficiente consenso na comunidade educativa para derrogar a LOMCE. Dende o PP din que esa nova lei rebaixaría as esixencias aos estudantes e apelan ao pacto pola educación.