CRTVG

Buscar

O Goberno insiste en que non pode transferir a débeda das autonomías por razóns legais

Publicado o 23/08/2019 20:13


O Goberno responde á reclamación de Galicia e doutras autonomías para que se trasfiran xa as entregas a conta que lles corresponden ás comunidades. Insiste en que non o pode facer porque non hai orzamentos do Estado.

"Non temos presupostos xerais non por que non se puxeran enriba da mesa senon porque algúns daqueles que agora o reclaman dixeron que non", afirmou a voceira do Goberno en funcións.

E que a outra fórmula para desbloquear os fondos, producindo adiantos sobre os orzamentos de 2019, non a pode aplicar un Goberno en funcións.

"Non é unha cuestión de discrecionalidade para este goberno nin de vontade política. É unha cuestión de cumprimento da lei", dixo Celaá.

Para o PP de Galicia son escusas baseadas en argumentos falsos.

"Nos reclamamos do Goberno de Pedro Sánchez unha acción decidida. Igual que se poden revalorizar as pensións se pode tranferir un diñeiro que lle corresponde a Galicia. Non é certo que non se poida facer porque non hai orzamentos xerais en vigor. Polo tanto o que lle pedimos ao goberno é que deixe de poñer escusas", dixo o secretario xeral do PPdeG.

E advirten que o Goberno galego se reserva calquera tipo de acción contra o Goberno de España.

"Desde logo quedan abertas todas as vías de actuación para reivindicar o que a Galicia lle corresponde", reiterou Tellado.

Facenda adebédalle ás comunidades autonómas case 5.000 millóns de euros das entregas a conta. Deles 700 correspóndelle a Galicia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019