CRTVG

Buscar

As autoescolas resisten a pandemia

Publicado o 12/08/2020 20:19

Co remate do curso escolar, as autoescolas viven a súa tempada alta. Son moitos mozos os que se queren sacar o carné antes de que remate o verán.

A nova normalidade levou ás autoescolas a adaptarse. Nas clases teóricas con control de aforo, desinfección e clases en liña. Á hora de facer unha práctica, deben levar máscara e no exame só pode haber un alumno no interior do vehículo.

O que si notaron nas autoescolas é un aumento de persoas que queren sacar o carné de moto.

Os alumnos estrela nesta tempada estival son os estudantes que acaban de aprobar a selectividade e queren comezar a carreira co carné na man.

 

Noticias web

12/08/2020