CRTVG

Buscar

As autoescolas estudan realizar curso de condución segura para patinetes

Publicado o 14/10/2019 14:04

É unha imaxe cada vez máis habitual. Convivimos cun vehículo novo sen que exista unha normativa que regule o seu uso, cos riscos que isto supón para a seguridade viaria.

Por iso, os profesionais das autoescolas estudan a posibilidade de ofrecer cursos específicos de condución segura para patinetes.

Pendentes de que a DXT aprobe o regulamento destes vehículos, pronto poderiamos ver patinetes en circuítos de aprendizaxe coma este.

Noticias web

14/10/2019