As autoescolas galegas, superadas pola demanda para o carné de camión
Publicado o 18/10/2021 19:49
As autoescolas galegas vense superadas pola elevada afluencia de alumnos que queren sacar o carné para conducir camións. Algo, din, nunca visto, xa que sempre houbo camioneiros dabondo. Pero agora a situación mudou, e só en Galicia estímase que fan falta uns 2.000.
Malia tratarde dun traballo duro e xa non tan ben pagado como hai anos, cada vez son máis os que se animan.
O peor, din, é que faltan examinadores, e tardan mesmo máis de seis meses en obter o carné. Ademais están os gastos: unha media de 2.000 euros para obter o carné e para superar o curso de capacitación profesional.