CRTVG

Buscar

As autocaravanas comparten a cultura viaxeira no Gulliver Fest

Publicado o 08/08/2021 14:50

Ioga para espertar o corpo. Á beira do río Xubia, o domingo amence fresco e algo anubrado. Aínda así, o almorzo presta en plena natureza. Esa posibilidade de comezar cada día fronte a unha paisaxe distinta, de viaxar sen ataduras, é un dos argumentos que moven os incondicionais das campers e das autocaravanas.

Laura viaxa coa súa familia nunha furgoneta que van adaptando ás necesidades de cada momento. Hai moitas neste Gulliver Fest, que entre concertos, libros e xogos infantís tamén ofrece talleres con ideas para transformar a furgoneta nun pequeno fogar rodante.

O movemento caravaning leva anos medrando, pero o interese por esta forma de viaxar disparouse coa pandemia. Durante tres días, o Gulliver Fest reuniu centos destes vehículos na área recreativa do muíño de Pedroso, en Narón.

Noticias web

08/08/2021