CRTVG

Buscar

As 'AstrónomAs' que noutrora observaron o ceo conquistan agora o Colexio de Fonseca

Publicado o 29/09/2021 23:12

Quedou inaugurada no Colexio de Fonseca a exposición AstrónomAs, centrada nas mulleres que dedicaron a súa vida ao estudo da astronomía. Con ela búscase non só incrementar a cultura científica senón tamén mellorar a educación tecnolóxica e científica especialmente entre a xente nova. 

"Esta historia comezou hai miles de anos. Cando as nosas antepasadas miraron ao ceo...". Hoxe seguen facéndoo, nesta exposición homenaxe ás de entón e ás de arestora. Todas son mulleres científicas pero tamén mulleres. Por iso na mostra non só están Premios Nobel, están as astrónomas que un día miraron o ceo para contribuír ao seu coñecemento.

Mulleres do común, de todas as idades, de todas as partes do mundo. Entre as 270, catro galegas; xuntas comparten exposición e obxectivo. E nesta misión, unha banda sonora orixinal: a música da artista e estudante de astrofísica Paula Espinosa.

No Colexio de Fonseca, en Santiago, un formato reducido do que é a mostra. Na páxina web astronomas.org, a verdadeira exposición. Un ceo cheo de estrelas que nos convidan a coñecelas. 

Noticias web

29/09/2021