CRTVG

Buscar

As asociacións de consumidores dannos algúns consellos antes de viaxar

Publicado o 28/06/2019 20:10

Apetece descansar, desconectar e, en definitiva, desfrutar das vacacións. Unha última advertencia, a modo de recomendación, das asociacións de consumidores ante calquera imprevisto.

 "Es importante siempre gauradar toda la documentación, todas las pruebas para que, si tenemos algún problema, podamos acreditar todos los gastos derivados de ello", dice María Álvarez, directora de "Consumidores en red".

Conservar a documentación é garantía tanto se a viaxe se comprou por libre como se non. No primeiro dos casos recoméndase utilizar pasarelas de pago seguras e evitar efectualo en redes wifi públicas. Se a viaxe se organiza con axencia, debe asegurarse que estea adscrita ao sistema arbitral de consumo.

 " Temos unha responsabilidade co cliente de que todo saia ben. Sempre estará amparado pola lei, sempre vai a asinar un contrato de viaxe combinado, sempre vai a saber onde mercou a viaxe, a persoa que llo mercou e que pode falar en calquera momento con el", di Manuel Varela., de "Viaxes Loevia"

Ante os atrasos, perda de maletas ou cancelacións en aeroportos novamente recoméndase gardar todos os documentos. Aconséllanos unha cousa máis: o móbil, a tableta ou a cámara sempre con batería suficiente por se as autoridades solicitan acendelo. E en canto ao aloxamento, cómpre revisar e levar as reservas dos hoteis en papel ou en dixital. O mesmo pasa coa do alugueiro turístico pero, antes de pagalo, abrir moi ben os ollos.

"Hai que verificar esa oferta desa casa, que estea en varios portais, que teña opinións, que estea puntuada e que non vaiamos a cegas", recomenda María Álvarez, directora de "Consumidores en red".


Recórdanos tamén as asociacións que, sexa cal sexa a viaxe, os nosos dereitos tamén viaxan con nós.













 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13