CRTVG

Buscar

Sospéitase que os autores do roubo millonario en Vigo realizaron outros en Ourense

Publicado o 26/10/2021 14:39
Sospéitase que os autores do roubo millonario en Vigo realizaron outros en Ourense

As dúas asaltantes que supostamente roubaron numerosas xoias nunha vivenda de Vigo, poderían pertencer a un grupo organizado de fóra de España, cuxa presenza xa se tería detectado hai meses en Ourense. A imaxe de ambas, captada polas cámaras de seguridade, coincide con outras pertencentes a varios roubos rexistrados na cidade das Burgas.

En todos os casos o modus operandi é igual. Empregan o método do esvarón para abrir as portas e usan calcetíns nas mans para non deixaren pegadas. Aínda que a Policía de Vigo non certifica a súa nacionalidade por non estar identificadas, o seu xeito de actuar situaríaas no marco de actuación dos grupos itinerantes dedicados aos roubos.

Noticias web

26/10/2021