As apostas deportivas levantan as alertas ao provocar adiccións entre adolescentes
Publicado o 03/05/2019 16:18
Remataron en Cangas as xornadas sobre adiccións en xente nova que organizaron os propios alumnos dos institutos da zona. E unha vez máis, rapaces e expertos poñen o acento nas apostas deportivas, que se están a converter nun grave problema de saúde pública. Todos piden unha regulación máis restritiva e maior información para os mozos.
O 80% dos menores que apostan fano en locais de hostalaría. Os expertos apuntan a que hai moitos intereses comerciais e tamén a que as administracións van por detrás. Tamén apuntan á responsabilidade dos pais e a que estas cuestións se aborden nos centros de ensino.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 21:30
18/01/2021 21:00