CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

As apostas deportivas en liña constitúen a segunda causa de ludopatía

Publicado o 15/10/2016 21:29




As apostas deportivas son un dos perigos da rede. Xa son a segunda causa de ludopatía en España, só por tras das máquinas comecartos. Hoxe, na Coruña, o Instituto Terapéutico Galego convidounos a repasar os perigos do xogo na internet.

A ludopatía é un trastorno no control dos impulsos, sexa nun casino ou diante dun ordenador. O que cambia é o perfil dese ludópata, antes máis maior, menos formado academicamente...

"Antes era un home entre corenta e cincuenta anos que xogaba ás máquinas comecartos. Hoxe é unha persoa nova, máis homes ca mulleres, con estudos, cun certo nivel sociocultural e cun manexo da tecnoloxía moi avanzado", di a psicóloga Amanda Roix.

Ata hai uns anos, cando falabamos de xogadores en liña referiámonos a profesionais ou afeccionados ao póker. Hoxe o maioría dos internautas que xogan fano apostando por algún resultado deportivo.

"O 49 % usan as apostas deportivas fronte ao 18% que xogan ao póker.", di José Lama.

Preocupante, porque despois das máquinas comecartos a segunda causa de ludopatía en España constitúena estas apostas deportivas que teñen como reclamo xogadores profesionais da elite do deporte, chámense Nadal, Neymar ou Cristiano. Outro dato. Antes o adicto tardaba sete anos en pedir axuda médica. Agora os novos ludópatas buscan solución ao ano de comezar a xogar
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí