CRTVG

Buscar

As 'Antitours' son as novas rutas guiadas por Santiago

Publicado o 25/09/2017 22:16

Partindo da nosa meteoroloxía ou gastronomía, estréanse en Santiago novas rutas guiadas que descobren as historias menos divulgadas da cidade. Convidámolos a dous 'antitours', en que viaxamos do século XXI ao IX e á inversa.

Veciñanza e visitantes conviven e naceron, en Compostela, co fenómeno da peregrinación, xa despois da romanización. Despois da europeización, xa neste século XXI comeza esta viaxe, temporal e espacial, polas outras imaxes compostelás.

No 'antitour'  amosamos non só a riqueza cultural e arquitectónica da cidade senon tamén como esa cidade respira día a día no seu tecido social, nas súas xentes.Comezamos nesta zona, a máis nova. Remitímonos a un case presente, ao ano 1992 e as Olimpíadas. Era a época de abrir portas, comezan as eclosións culturais e tamén todos os procesos de modernización, malia que en Santiago para ese esplendor hai que esperar case ao ano 2.000. Compostela como o resto de España, modernízase, porque xa estabamos en Europa. Desa época é a zona nova, a remodelación da parte de Bonaval, do parque, do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Isabel Aguirre é unha arquitecta e mestra moderna, a primeira muller da época á que se recoñecen intervencións urbanísticas tan importantes. Soubo humanizar esta zona, a Compostela húmidade de casa humildes, abríndolle ao barrio este modernizado espazo. Aquí se reflicte agora o traballo xa en plano de hai uns quince anos. Esta muller traballou aquí man a man co afamado portugués Álvaro Siza. Desta época vén a apertura de espazos públicos de calidade para a xente, zonas verdes, áreas para unha vida pública saudable. De aí tamén o paseo por Galeras e as ribeiras so Sarela.

Por iso esta ruta nos leva a outro enclave verde fundamental da cidade e icona dese barrio, o Parque de Vista Alegre. Era a vella Finca Simeón, o Parque Europa, outro dos espazos que de privado pasou a ser público. Aquí hai edificios senllleiros da Universidade e fíxose a moderna sede da SGAE. Pero del gozan todos os veciños como parque e horta. Xunto á arquitectura artística vemos as árbores con froitas que veñen coller os veciños. É un espazo especial, humanizado", explica Desirée Vidal Juncal, guía destes 'antitours' de 'Offmuseum' e historiadora da arte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2017