CRTVG

Buscar

As Anpas rexeitan o protoloco de Educación para a volta ás aulas por non aumentar o persoal docente

Publicado o 24/07/2020 19:17
As Anpas rexeitan o protoloco de Educación para a volta ás aulas por non aumentar o persoal docente

A Confederación de Anpas Galegas emitiu este venres un comunicado no que critica o protocolo da Xunta para a volta ás aulas, no que, afirman, "todo vale con tal de non incrementar nin unha soa praza docente ou de persoal de coidados". No comunicado, as Anpas Galegas afirman que é "moi curioso" que as normas da Xunta "traian como consecuencia non gastar nin un céntimo máis en educación pública" a través de "manter as aulas ao total da súa ocupación" cando "non hai ningún sector social de agrupación que non teña limitacións ou no que non se indique que debe habelas".

"Sorpréndenos que as bibliotecas só poidan ocuparse ao 50%, as salas de profesores necesiten 1,5 metros de separación entre eles, os recreos manteñan esa distancia de 1,5 metros, así como os comedores escolares, pero, pola contra, nas aulas é suficiente un metro, ou menos coa máscara posta", critican as anpas. Aínda que recoñecen que a situación "é difícil" e que "as solucións de máximos non sempre son posibles", rexeitan este protocolo e reclaman que a Xunta os teña en conta á hora de redactar un documento deste tipo.
 

Noticias web

24/07/2020