CRTVG

Buscar

As Anpas, divididas sobre a apertura dos comedores escolares sen un protocolo máis claro

Publicado o 21/08/2020 21:08

Outra cuestión que aínda está no aire é a apertura dos comedores escolares, sobre todo nos centros en que as ANPAS xestionan o servizo. Algunhas aseguran que teñen todo preparado para comezar en setembro pero outras non están dispostas a asumir esa responsabilidade. 

A presidenta da ANPA do colexio Cova Terreña de Baiona explica como se van organizar para poder abrir o comedor en setembro. Prevén entradas escalonadas, grupos separados, servizo nas mesas, máis persoal colaborador e medidas extraordinarias de hixiene.

Pero non todas as ANPAS están dispostas a asumir esta responsabilidade. A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais reclama un protocolo máis concreto e adaptado a cada centro. Ademais, pide o asesoramento das autoridades sanitarias para adaptar os servizos ao contexto da covid.

A Federación de ANPAS de Vigo e a súa comarca lembra que as familias levan anos asumindo, de xeito voluntario e de balde, a xestión do comedor, do plan Madruga e das actividades extraescolares.

Noticias web

21/08/2020