CRTVG

Buscar

As ANPA galegas cren que os protocolos establecidos para a volta ás clases son insuficientes

Publicado o 09/08/2020 15:29

A volta ás aulas está previsto que sexa a mediados de setembro. Aínda hai dúbidas de cómo será ese regreso, pero as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos non están de acordo cos protocolos marcados pola Consellería de Educación, que os consideran insuficientes para garantir unha adecuada seguridade e formación. Queda pouco máis dun mes para que comece o curso escolar.

As Asociacións de Nais e Pais de alumnos non están de acordo cos protocolos establecidos pola Consellería de Educación. Discrepan sobre as distancias de seguridade e sobre a ocupación das aulas. Tamén lles preocupa que non haberá un incremento no número de profesorado nos centros educativos. Cren que o que consideran falta de medidas non garante a seguridade e a saúde dos seus fillos e fillas.

Din que o prioritario é a sáude, pero tamén fundamental é a educación. Piden que se avance ante a fenda dixital.

Solicitan tamén que non se fale só da formación do alumnado, senón tamén do profesorado nesta nova situación.

Noticias web

09/08/2020