CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As ANPA de Vigo piden un novo modelo de xestión dos comedores escolares

Publicado o 05/09/2017 15:13

A Federación das ANPA de Vigo reclama un novo modelo de xestión dos comedores escolares. Pide que a Xunta se responsabilice do servizo pero contando coa súa experiencia. O conselleiro de Educación non se amosa partidario de cambialo porque considera que o modelo actual funciona. As asociacións de pais e nais de Vigo xestionan os comedores de 27 centros escolares públicos. Levan tempo reclamando que a Xunta se responsabilice do servizo, pero queren que o faga cun novo modelo que teña en conta a súa experiencia.

O conselleiro de Educación, que asinou un convenio en Vilagarcía para poñer en marcha o comedor escolar do Piñeiriño, non se amosa partidario de cambiar o modelo porque considera que funciona. Nos últimos anos, a consellería fíxose cargo de 12 comedores escolares que levaban as Anpas de Vigo. Ademais, xestiona de xeito directo este servizo noutros sete centros públicos do concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí