CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As análises do laboratorio de Mouriscade permiten facer menús á carta para as vacas

Publicado o 15/08/2018 14:52
Boa parte da rendibilidade dunha granxa depende da alimentación dos animais. Por iso, a do gando é unha dieta controlada por nutricionistas que mandan analizar todos e cada un dos ingredientes que entran na corte. Un servizo en que o laboratorio de Mouriscade, en Lalín, é todo un referente internacional.












Menús á carta deseñados por expertos nutricionistas. Iso é o que comen as vacas hoxe en día. O laboratorio de Mouriscade, en Lalín, encárgase de analizar todas os ingredientes da ración, para que aos animais nin lles falte nin lles sobre nada.

María Hermida

Todos os días chéganlles centos de mostras desde Galicia, España, Portugal, Alemaña ou mesmo Australia. Silos, pensos e materias primas que analizan en 24 horas.

Eva Vilaverde

Mellorar a produtividade das granxas e garantir a seguridade alimentaria son os grandes obxectivos deste centro da Deputación de Pontevedra, que xa procesa 68.000 mostras ao ano.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí