CRTVG

Buscar

As análises da auga confirman que a praia de Tapia, no concello de Ames, é apta para o baño

Publicado o 11/07/2018 14:31

A praia de Tapia, no concello de Ames, quedou aberta ao baño. As análises realizadas pola Consellería de Sanidade e pola concesionaria de augas deron como resultado que a calidade da auga do río Tambre ao seu paso por Tapia é entre boa e excelente.

Os bañistas puideron regresar onte pola tarde a esta praia fluvial despois de que o sábado se prohibise o baño debido a turbidez da auga e á aparición de numerosos peixes mortos. O Goberno municipal de Ames vai solicitar dos organismos autonómicos correspondentes o esclarecemento do sucedido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018