CRTVG

Buscar

As ambulancias reclaman a gratuidade das peaxes

Publicado o 29/08/2019 13:23

A patronal das ambulancias agarda unha resposta das autoestradas para poder deixar de pagar nas peaxes. As empresas de ambulancias consideran que a lei apoia esta pretensión de gratuidade e non descartan chegar a reclamar xudicialmente os cartos que aboaron desde 2015.

Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Ambulancias: "Se a outra parte non contesta e non quere negociar teremos que ir pola vía xudicial, que é o que nos queda, non queda outra solución".

Por un acordo anterior coa concesionaria da autoestrada poden solicitar unha redución da peaxe, pero resulta difícil levalo a cabo no día a día. Cada chofer ten que facer un trámite burocrático nos postos de pagamento que pode levar de dez minutos a trinta. 

Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Ambulancias: "Nas emerxencias é imposible. Nas programadas ás veces temos o tempo moi axustado en moitos traxectos e hai que chegar ás citas programadas nos hospitais".

Calculan que gastan entre dezaoito mil e vinte mil euros mensuais en peaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019