CRTVG

Buscar

As liñas aéreas din que xa contan cun protocolo europeo de seguridade e urxen a recuperar a actividade

Publicado o 22/05/2020 15:37

Italia abrirase ao turismo estranxeiro o 3 de xuño, e Grecia o un de xullo. E sen corentena para os turistas, algo que si deberán cumprir os que viaxen ao Reino Unido, baixo pena de 1.100 euros de multa. O sector turístico español aprema para que se levanten as restricións ao tránsito de viaxeiros. Non queren agardar ao remate do estado de alarma porque iso implicaría abrir en xullo, con parte da temporada perdida.

O sector actualízase para retomar a actividade con garantías. O protocolo da Axencia de Seguridade Aérea Europea fixa a nova forma de voar. Tripulación e pasaxeiros levarán máscara en todo momento, agás nos controis se seguridade, e deberán cambiala cada catro horas nos voos de longa duración. A guía non esixe deixar asentos baleiros, pero recomenda unha distancia de metro e medio entre viaxeiros. Reduciranse os servizos a bordo, evitaranse as ringleiras para ir ao baño, e prohibirase o acceso de acompañantes ás terminais.

As liñas aéreas están molestas coa advertencia do ministro de Consumo, que denuncia incumprimentos e advirte de que tomará medidas se non informan os viaxeiros dos reembolsos de billetes. Din as compañías que a cantidade de reclamacións é tan inxente que non poden facelo nos sete días que marca a lei.

Noticias web

22/05/2020