CRTVG

Buscar

As aeroliñas terán que devolver os cartos dos bonos caducados

Publicado o 23/04/2021 20:55

A lexislación europea recoñece o dereito dos viaxeiros que sofren unha cancelación a escolleren entre a devolución ou un vale. Pero, na práctica, non houbo posibilidade de elección. Este bufete vigués tramita 200 demandas contra compañías aéreas.

Algunhas empresas estiran a vida dos bonos para dilatar o proceso e tamén hai clientes que escollen conservalos ata que poidan voar. Segundo as axencias de viaxes, que negocian as devolucións coas aeroliñas, foi preciso que comezase a se reactivar o tráfico aéreo para que as compañías estivesen en condicións de devolver os cartos.

A Organización de Consumidores e Usuarios xa tramitou 10.000 reclamacións no marco dunha mediación colectiva cos principais operadores aéreos, plataformas e axencias para o reintegro dos cartos. Segundo a OCU, nun terzo dos casos non obtiveron resposta e no 17% o resultado foi positivo.

Noticias web

23/04/2021