As aeroliñas prepáranse para retomar os seus voos coas máximas garantías
Publicado o 31/05/2020 18:00
As principais compañías prepáranse para ir retomando pouco a pouco os seus voos, sobre todo coa vista posta no mes de xullo.
Agora mesmo, o obxectivo é recuperar a confianza da xente logo de dous meses e medio de confinamento. A Axencia Europea de Seguridade Aérea publicou un protocolo con medidas hixiénico-sanitarias que as operadoras utilizan como guía.
Tamén os fabricantes de aeronaves ofrecen garantías para a viaxe a bordo. Os filtros HEPA son captadores de partículas de moi alta eficacia. Todo o aire da cabina se renova cada tres minutos co que vén do exterior sen patóxenos.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 15:45
28/01/2021 15:20
28/01/2021 15:17
28/01/2021 15:16