CRTVG

Buscar

As aeroliñas flexibilizan os billetes ás zonas afectadas polo coronavirus

Publicado o 28/02/2020 19:47

As liñas aéreas comezan a dar alternativas aos pasaxeiros que tiñan billetes para viaxar a zonas afectadas polo coronavirus. De momento só algunhas aeroliñas ofrecen a posibilidade de cambiar os billetes reservados con orixe ou destino no norte de Italia. É o caso de Iberia, que permite facer cambios nos billetes comprados antes do 26 de febreiro. Poderase cambiar a reserva para voar ata finais de marzo.

O mesmo ofrece a aeroliña alemá Lufthansa que ten as mesmas condicións. Air Europa autoriza cambios de data e de ruta nos voos con orixe ou destino en Italia ata o 15 de marzo. A única compañía aérea que mantén as súas tarifas sen cambios é Ryanair. Explica nun comunicado que continúa pendente da situación nos países afectados e que segue as instrucións das autoridades de cada país.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020