As actividades culturais guiadas permiten grupos de 20 persoas no exterior e de 10 no interior
Publicado o 29/05/2021 14:44
Grupos de oito persoas en espazos abertos e de catro en interiores. Os guías turísticos levaban tempo reclamando unha ampliación. Agora xa poden organizar visitas con ata quince turistas en rutas coma esta pola zona vella da Coruña.
As actividades ao aire libre de turismo activo permiten grupos de ata vinte persoas. Hai boas expectativas para o verán, tamén na hostalería, hoxe con novidades na ocupación das mesas.
O comercio amplía a capacidade ata o 75 %. Son pequenos cambios que se deixan sentir no ambiente nas rúas. Modificacións que afectan á maioría dos municipios galegos, coa excepción dos que continúan no nivel de risco alto ou máximo.