CRTVG

Buscar

As actas da ETA revelan que Zapatero informou o mediador de que Francia preparaba un golpe contra a banda

Publicado o 30/05/2019 20:34

As actas da ETA revelan que o ex-presidente José Luis Rodríguez Zapatero informou o mediador de que Francia preparaba un golpe importante contra a banda terrorista.

Na documentación que ten a Audiencia Nacional non figura o nome dese mediador, pero si que era a persoa encargada de conducir as discusións entre o Goberno e a ETA, aceptado como o interlocutor lexítimo das dúas partes.

Segundo esa documentación, tras a detención do etarrra Ramón Sagarzazu en 2005, Zapatero reveloulle a ese interlocutor que a policía francesa tiña cercada a banda terrorista e preparaba un golpe operativo contra a súa cúpula.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/05/2019