CRTVG

Buscar

As accións de Phamamar soben un 7% logo dun novo acordo internacional sobre o antitumoral Yondelis

Publicado o 26/08/2019 12:43

Soben as accións de Pharmamar en bolsa tras asinar un novo acordo coa empresa Janssen para a venda do seu fármaco antitumoral Yondelis.

As accións da compañía lideraron o avance do mercado continuo cun sete por cento de subida, despois de saberse que Janssen terá o dereito da venda e distribución do medicamento e de calquera outro que conteña o mesmo principio activo nos Estados Unidos.

Pharmamar conservará os dereitos de produción da trabectedina. Ademais, o acordo permitirá á farmacéutica de orixe galega distribuir Yondelis en máis de 40 países, en que o medicamento xa foi aprobado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019