CRTVG

Buscar

As academias privadas prepáranse para a tempada alta coa volta ao cole

Publicado o 31/08/2020 13:39

As academias privadas están fóra dos protocolos de Educación para a volta ao colexio, pero tamén tiveron que implementar medidas de seguridade para reabrir as súas portas. As aulas ateigadas son cousa do pasado, e agora a distancia, a máscara e os dispensadores de xel hidroalcólico son a norma.

Ana Diéguez, directora dunha academia en Ourense, explícanos que, dende que recuperaron a actividade a finais de maio, traballan con diferenciación nos accesos de entrada e saída ao centro, dispensadores de solución hidroalcólica en todas as plantas, uso individual dos aseos e "por suposto", con "diminución das afluencias en todas as aulas"

As capacidades reducíronse por seguridade, pero tamén polo éxito da formación en liña, que di que chegou para quedar.

"Tivo éxito e moitos alumnos prefiren manter esa situación, así que mantemos aulas mixtas con formación presencial e virtual", comenta Diéguez.

Agora están ocupados sobre todo coa ABAU de setembro, pero este verán descubriron un novo perfil no alumnado, persoas que "non tendo materias suspensas" querían "reforzar os contidos que non viran no curso pasado". 

Con todo, o groso da actividade nas academias chegará a partir de outubro, cando avance o curso nas ensinanzas regradas.

Noticias web

31/08/2020