CRTVG

Buscar

As academias prepáranse xa para a OPE 2020 anunciada en educación

Publicado o 29/11/2019 14:52

Nunca antes se convocaran tantas prazas nunha oposición de educación en Galicia, 3.654, máis de 2.000 de novo ingreso. 

A convocatoria supera nun 17% a de 2007, que fora a maior OPE ata o momento. A maioría das prazas vai para secundaria, mestres e FP, pero tamén para música e artes plásticas ou escolas de idiomas. E hai especialidades, como grego, debuxo ou imaxe e son que levaban unha década sen convocarse.

E comezan coa conta atrás para os exames, que, calculan, como outros anos, para o san Xoán.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019