CRTVG

Buscar

As abstencións de EH-Bildu dan a presidencia de Navarra á socialista María Chivite

Publicado o 03/08/2019 10:29

Non houbo sorpresas no Parlamento de Navarra. A socialista María Chivite converteuse este venres en presidenta da comunidade foral. Na segunda votación obtivo a investidura por maioría simple con 23 votos a favor, os dos partidos que apoian a coalición de goberno que presidirá. Votaron en contra Navarra Suma, e dous dos sete deputados de EH-Bildu. Como anunciaran, os outros cinco deputados da coalición abertzale abstivéronse para facilitar a investidura da socialista.

Precisamente a esta abstención de Bildu referíase Arnaldo Otegi nunha entrevista na radio pública vasca. O líder da formación abertzale advertiulle á presidenta electa que terá que negociar con eles.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/08/2019