CRTVG

Buscar

As abellas non teñen moito que celebrar no seu Día Mundial: o 10 % das europeas están en risco de extinción

Publicado o 20/05/2021 21:40

Hoxe é o Día Mundial das Abellas, e o certo é que este insecto indispensable para a agricultura non pasa polo seu mellor momento, a pesar da demanda crecente dos produtos das colmeas. 

As ameazas para o insecto seguen a ser as mesmas dende hai anos. Factores humanos como o uso de pesticidas e fertilizantes químicos ou o propio cambio climático e pragas como a velutina e a varroa.

En Galicia hai 3.000 explotacións apícolas que manexan 115.000 colmeas e producen unhas 2.000 toneladas de mel anuais. Pero, máis alá das cifras, o labor máis importante das abellas é o da polinización das plantas.

Noticias web

20/05/2021