CRTVG

Buscar

As 39 vítimas de Essex son de orixe chinesa

Publicado o 24/10/2019 21:31
As 39 vítimas de Essex son de orixe chinesa

A policia británica confirma a orixe chinesa dos 39 cadáveres atopados onte no interior dun camión frigorífico, e investigan se detrás da traxedia opera unha mafia de tráfico de persoas.

Paralelamente vanse coñecendo novos datos: o tráiler co contedor frigorífico chegou nun transbordador procedente de Bélxica e a cabina do camión que o recolleu é de Irlanda. Foi o propio condutor, un mozo irlandés, quen chamou a emerxencias ao descubrir os cadáveres.

A policia continúa interrogándoo como sospeitoso. Ás vítimas, 31 homes e 8 mulleres, estáselles practicando a autopsia. A bandeira da embaixada da China en Londres ondea a media hasta.

Noticias web

24/10/2019