As 30 familias desaloxadas na Coruña volverán dentro dunha semana ás súas casas
Esta é a imaxe que presenta a parcela da céntrica rúa Rey Abdullah na Coruña tras ceder un treito do muro de contención levantado para a construción dun edificio de vivendas.
Os veciños dos inmobles lindeiros viven aínda co medo no corpo tras o susto vivido nas últimas horas. Fina Vázquez é unha delas.
Como ela, Rosa López bota contas do que puido pasar se o desprendemento se producise durante o día, cando aínda traballaban na zona os operarios. De feito, unha escavadora quedou baixo os cascallos.
Como medida de precaución os veciños dos dous edificios lindeiros tiveron que ser realoxados. Unha empresa de seguridade vixía os accesos a estes inmobles para evitar que se corran riscos innecesarios.
Mentres, no lugar do suceso os operarios traballan día e noite para que os veciños poidan regresar aos seus fogares canto antes. A prioridade é reforzar o muro para evitar novos desprendementos. Os veciños din que esta é unha zona de mananciais que complican as obras.
A empresa responsable das obras di os técnicos que nun prazo dunha semana os veciños poderán regresar ás súas casas.