CRTVG

Buscar

Celebran en Arxentina o Día das Letras Galegas cun homenaxe a Antón Fraguas

Publicado o 18/05/2019 22:00

Un día despois, continúan os ecos do día das nosas letras. Foron moitas as institucións galegas da diáspora que impulsaron conferencias, entre outros actos, para difundir a vida e obra do homenaxeado, Antón Fraguas. Imos ver como se celebrou na Arxentina, o país que aínda reúne o maior número de emigrantes galegos

Dende Comodoro Rivadavia a Santa Fe, pasando por Rosario, e por suposto Bos Aires, as entidades galegas que hai repartidas polo territorio arxentino conmemoraron o día das nosas letras e repasaron a vida e obra de Antón Fraguas.
Pero se hai un lugar no que se vive dun xeito especial é aquí, neste Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol que ven ás miñas costas.

Estes cativos naceron e viven alén mar pero coñecen ben a figura de Antón Fraguas.
DANIELA JÚDEZ - ALUMNA DE 8 ANOS DO SANTIAGO APÓSTOL "Naceu en Cotobade, Pontevedra".
TOBIAS SOTI - ALUMNO DE 10 ANOS DO SANTIAGO APÓSTOL"Foi alumno de Castelao e tamén escribiu libros sobre Galicia, das festas de Galicia".

Coma en Galicia, na semana das nosas letras o colexio galego de Bos Aires énchese de murais e actividades sobre o homenaxeado.

A peculiaridade é que aquí todo iso trascende ó 17 de maio.

Marta Villar - Profesora de galego do Instituto arxentino galego Santiago Apóstolo de Bos Aires  "No caso concreto de Antón Fraguas ímolo traballar durante todo o ano e investigando en todo o curso diferentes facetas que el explorou. A faceta antropolóxica, etnográfica, histórica".

Obras coma o "Cancioneiro de Cotobade" serven para que profundicen noutros aspectos da cultura e a lingua da terra. A súa festa das letras galegas 2019 rematará en decembro, cando cada aula presente o seu proxecto interdisciplinario sobre Fraguas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/05/2019