CRTVG

Buscar

A Arxentina gaña a Copa América de fútbol

Publicado o 11/07/2021 04:12
A Arxentina gaña a Copa América de fútbol

A Arxentina gaña a Copa América de fútbol

Leo Messi gañou o seu primeiro título coa selección arxentina. A albiceleste gañou a Copa América de fútbol ao vencer na final o Brasil por un gol a cero. O tanto da vitoria marcouno Di María no minuto 22 do partido. No estadio de Maracaná de Río de Xaneiro a Arxentina consegue o seu décimo quinto título, que se lle resistía dende había 28 anos. Messi acaba o campionato como máximo goleador do torneo con catro tantos, empatado co colombiano Luis Díaz.