CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Arxentina examina a xestión de Macri nunhas eleccións primarias

Publicado o 13/08/2017 21:27
Avanza con normalidade a xornada electoral na Arxentina. Hoxe escolle, nunhas internas abertas á cidadanía, os candidatos que concorrerán aos comicios lexislativos xerais de outubro.

Transcorre sen incidentes a xornada electoral na Arxentina, que hoxe escolle ós candidatos a senadores e deputados que competirán nos comicios lexislativos xerais de outubro, cando se renovará un terzo do senado e case a metade da Cámara de Deputados.
Os principais pre-candidatos acudiron a votar durante a mañá.
Non o fixo unha das protagonistas dos comicios, a ex-presidenta, Cristina Fernández de Kirchner, pre-candidata a senadora pola Provincia de Bos Aires, o principal distrito electoral do país, alegando problemas loxísticos para desprazarse ata Río Gallegos, cidade na que reside a 2.500 de distancia da capital.
O presidente, Mauricio Macri, festexou que a xornada estea a transcorrer con normalidade e mostrouse optimista ante unha elección que supón o primeiro exame a súa xestión.
"Es un paso importante. Claramente es un paso importante para reconfirmar lo que venimos haciendo", di Mauricio Macri, Presidente da Arxentina.
A maioría dos partidos acuden a estas internas abertas cunha única lista polo que esta elección funcionará máis coma unha sondaxe das preferencias políticas dos arxentinos.
Os colexios electoráis pecharán na Arxentina en pouco máis de hora e media, pero non será ata preto das once da noite, catro da mañán en Galicia, cando o país empece a ter unha tendencia clara do escrutinio.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí