CRTVG

Buscar

Bos días

Arxentina elimina a tarifa mínima dos voos

Publicado o 05/07/2018 09:51



O Goberno arxentino dálles vía libre ás aeroliñas de baixo custo para vender pasaxes nacionais mesmo por un euro ao quitar a tarifa mínima que impoñía o Executivo ata o de agora. Unha medida moi agardada polo sector e coa que queren xerar maior competencia para impulsar o turismo por todo o país.

Dende o vindeiro 15 de agosto os cidadáns que merquen pasaxes na Arxentina para voos nacionais con polo menos 30 días de anticipación poderán adquirilos ata un 70% máis baratos, despois de que o Goberno eliminarse a regulación que impoñía unha taxa mínima por billete e que convertía A Arxentina nun dos países da rexión e do mundo máis caros para voar.

A medida abre a guerra de prezos entre aeroliñas, especialmente para as de baixo custo, que xa preparan promocións máis agresivas coas que afianzarse no vasto territorio arxentino, onde ata hai pouco só dúas compañías dominaban o sector local e viaxar a cidades turísticas como Ushuaia, Calafate ou Bariloche en certas temporadas do ano se volvía prohibitivo, moito máis caro incluso que visitar o veciño Brasil.


A decisión foi ben acollida por pasaxeiros e aeroliñas, que agardan fomentar a competencia e sumar clientes. Para o Goberno de Mauricio Macri, esta revolución dos avións, como a bautizaron, impulsará tamén o ingreso de turistas estranxeiros que percorran o país dun xeito máis eficiente.


Da outra marxe, as empresas de autobuses de longa distancia, que aínda que dominan o transporte de pasaxeiros e chegan a múltiples destinos do país onde as aeroliñas non voan, se senten ameazados coa decisión.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

05/07/2018