CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Arxentina complica a clasificación ao mundial de Rusia

Publicado o 06/10/2017 15:24

E atención por que agora mesmo periga a presenza da selección arxentina no mundial de Rusia.

Aquí teñen os resultados de onte no grupo suramericano. Arxentina foi incapaz de gañarlle ao Perú; Colombia perdeu ante Paraguai e Chile deu un paso cara a adiante.

Vexan como está a clasificación. Agora mesmo en repesca atopamos O Perú. So teñen billete directo os 4 primeiros... e hai 5 equipos separados por 2 puntos.
Na derradeira xornada, estes son os emparellamentos:
Paraguai - Venezuela; Brasil - Chile; Ecuador - Arxentina; Perú - Colombia e Uruguai - Bolivia. A pesar do empate de onte, Sampaoli non perde a fe. Arxentina estará no mundial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí